Nubia anunciou hai uns días o lanzamento no noso país de dous novos modelos de smartphone, o Z17 Mini e o N2. O primeiro deles chega para ser o novo buque insignia da compañía, apostando por un procesador Qualcomm Snapdragon 652, 4 GB de RAM e 64 GB de memoria, mentres que o N2 centra a atención na batería, cunha pila de 5000 mAh de capacidade.
Nubia Z17 Mini
Ademais das prestacións xa comentadas, o Z17 Mini tamén mira pola fotografía, incorporando na parte posterior un sistema de dobre cámara, en concreto dous sensores Sony IMX225 de 13 megapíxeles con apertura f/2.2, mentres que na parte frontal temos unha cámara de 16 megapíxeles gran angular (80 graos) e apertura f/2.0.
Os 64 GB de memoria interna que leva de serie poden ampliarse a través de tarxetas microSD, e o sistema operativo é Android 6.0 (Marshmallow). Dispón dunha pantalla FullHD de 5,2 polgadas e batería de 2950 mAh.
Nubia N2
Como xa se comentou ao comezo, no caso do Nubia N2 a gran aposta é pola batería, incorporando 5000 mAh de capacidade. As súas cámaras son de 13 (traseira) e 16 (frontal) megapíxeles, con melloras orientadas a conseguir mellores imaxes en ambientes oscuros a través de luces de recheo.
Conta cunha pantalla HD AMOLED de 5,5 polgadas, procesador MediaTek MT6750, 4 GB de RAM e 64 GB de memoria interna (ampliábeis con microSD de até 128 GB)
Dispoñibilidade e prezo
Ambos trebellos xa están á venda en establecementos como Telecor e The Phone House. O Nubia Z17 Mini chega en dúas cores, dourado e negro, por 369 euros, mentres que o Nubia N2 custa 299 euros