Vodafone aproveita o World Pride para lanzar comercialmente o 4.5G

Aproveitando a celebración do World Pride en Madrid, Vodafone vén de anunciar o lanzamento comercial do 4.5G, a tecnoloxía que introduce sobre a rede 4G Massive MIMO, e que será chave no 5G. Grazas a ela pódese multiplicar até por 5 a capacidade das celdas 4G convencionais.

Logo dun ensaio nun entorno de rede real durante a celebración do MWC de Barcelona, Vodafone vén de despregar as novas funcionalidades de rede en zonas céntricas de Madrid e Salamanca para permitir velocidades de descarga de até 700 Mbps. Ademais, proximamente serán as zonas céntricas de Barcelona, Valencia, Málaga, Sevilla, Bilbao, Zaragoza e A Coruña as que acollerán estas novidades de rede.

Grazas ao 256QAM, 4×4 MIMO e ao Carrier Aggregation con a lo menos 3 bandas de frecuencia entre 800 / 1800 e 2100 MHz, Vodafone permitirá que de forma progresiva as usuarias da operadora poidan disfrutar de velocidades de descarga de até 700 / 150 Mbps, supondo unha mellora importantes desde o 4G+ (350 / 100 Mbps) ou o 4G (150 / 50 Mbps).

Porén, unicamente as usuarias dos Samsung Galaxy S8 / S8+ e do Sony Xperia XZ Premium poderán beneficiarse nun primeiro momento destas novidades. De maneira progresiva iranse comercializando novos terminais compatíbeis coas novas funcionalidades.

As persoas que participen na celebración do World Pride en Madrid estes días serán as primeiras en poder disfrutar destas novidades, tanto se son usuarias de Vodafone como se se atopan en roaming usando a rede da compañía vermella.

Sobre o autor

Reply