O HTC U11 en cor “solar red” chega ao noso país

Hai unhas semanas HTC anunciou o seu novo HTC U11, o seu buque insignia que, tal e como comentamos no momento da súa presentación, incorpora unhas prestacións de altura e importantes innovacións técnicas que fan que sexa un trebello a ter en conta.

O modelo, que xa estaba dispoñíbel en varias cores, chega agora nunha nova tonalidade chamada “solar red“. Grazas a unha superficie de cristal líquido 3D, creada con materiais altamente refractivos na súa parte traseira, o HTC U11 ten unha nova cor viva e que se transforma cos movementos, desde o vermello lume a un laranxa brillante, dependendo de como se reflexe a luz.

Cómpre lembrar que o HTC U11 permite ás usuarias un novo xeito de interacción grazas a Edge Sense, unha nova tecnoloxía coa que se pode manexar o teléfono cun simple apretón, abrindo apps, sacando fotos ou xestionando outras especificacións.

O HTC U11 en solar red custa 749 euros, e pode mercarse desde a propia web de HTC.

Sobre o autor

Reply