As redes sociais e a música en streaming deixan de consumir datos nos novos plans de Vodafone

Vodafone vén de lanzar dous novos plans cos que a súa clientela pode disfrutar sen restriccións das aplicacións de música e redes sociais desde o móbil, como un paso máis aló ao “chat zero” que xa aplica nas súas tarifas de contrato desde marzo.

Como dicimos, en marzo Vodafone deixou de contar os datos que empregan as aplicacións de mensaxería como WhatsApp ou Telegram, de maneira que as usuarias poden seguir enviando mensaxes de texto ou voz, e enviando / descargando imaxes, vídeos e outros arquivos malia ter agotado os datos móbiles sen custe adicional.

Agora a compañía sorpréndenos co lanzamento de dous novos complementos, Music Pass e Social Pass, cos que Vodafone pretende ir un paso máis aló e facer que a música en streaming ou a navegación en redes sociais non gaste datos do plan de datos contratado.

Music Pass ten un custe mensual de 5 € e inclúe os datos consumidos por Spotify, Apple Music, Deezer, SoundCloud e Napster mentres que Social Pass custa 3 €/mes e ofrece acceso ilimitado a Twitter, Facebook, Instagram, Snapchat, Linkedin, Tinder, Flickr e Tumblr.

Para contratar calquera destes dous plans as clientas de Vodafone poden chamar ao 1444 ou acceder á aplicación Mi Vodafone.

Sobre o autor

Reply