LG anunciouo lanzamento da súa nova tablet, a LG G Pad IV 8.0, un dispositivo de 8 polgadas con conectividade LTE que destaca polo seu escaso peso, apenas 290 gramos, de maneira que é un trebello moi axeitado para o seu uso en mobilidade.
Como indica o seu nome, a tablet leva unha pantalla de 8 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1200) e formato 16:10. No seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 435 de oito núcleos a 1,4 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD.
En canto ás cámaras, ambas as dúas (frontal e traseira) son de 5 megapíxeles e a súa batería é de 3000 mAh, que sobre o papel se nos antolla un pouco xusta, dado que é unha capacidade semellante á que levan os teléfonos. Como sistema operativo temos Android 7.0 Nougat con todas as súas funcionalidades, ademais dunha capa de personalización propia de LG.
Dispoñibilidade e prezo
A LG G Pad IV 8.0 xa á venda en Corea, polo momento sen datos sobre a súa posíbel posta á venda noutros lugares como o noso país. O seu prezo aló é duns 270 euros ao cambio, un prezo bastante axustado para as prestacións que incorpora.