O Samsung DeX xa está dispoñíbel no noso país

Unha das múltiples cousas boas dos Galaxy S8 e Galaxy S8+ é que agochan ducias de pequenos segredos que fan que sexan uns dispositivos realmente interesantes. De entre todos, unha das características máis destacábeis é a posibilidade de poder empregalos como ordenadores de escritorio, aínda que para iso precisamos un pequeno accesorio, o Samsung DeX.

Malia que desde hai semanas é posíbel atopar este gadget en tendas físicas e online, Samsung vén de facer o seu anuncio oficial. O DeX non é máis ca unha estación (ou dock) no que as usuarias poden conectar o smartphone a un monitor, un teclado e un rato para poder empregar máis comodamente as súas aplicacións favoritas, editar documentos ou consultar as notificacións coa facilidade e versatibilidade que ofrece un ordenador.

Isto fai que o Samsung DeX sexa o complemento ideal para sacarlle todo o partido aos Galaxy S8 e S8+, especialmente para aquelas persoas que ben por mobilidade de traballo ou ben por cuestións persoais non precisan un ordenador potente e lles abonda cun dispositivo que lles permita facer pequenos traballos e navegar por Internet cun dispositivo coa potencia dun S8.

O seu prezo oficial é de 159 euros, aínda que é doado atopalo por menos en tendas como Amazon, onde o podemos adquirir por 129 euros.

Sobre o autor

Reply