Simyo aumenta os GB das súas tarifas sen subir os prezos

Simyo, unha das primeiras OMV que hoxe en día forma parte do entramado de marcas propiedade de Orange, vén de actualizar as súas tarifas, aumentando considerabelmente o número de gigas para datos incluídos nos seus plans, sen que iso supoña aumentar os prezos das tarifas.

 No caso da última opción,

Tras estes cambios, as opcións de datos dispoñíbeis para as usuarias son as seguintes:
  • 700 MB por 3 €/mes  (antes 500 MB)
  • 1,7 GB por 6 €/mes  (antes 1 GB)
  • 4 GB por 10,50 €/mes  (antes 2 GB)
  • 10 GB por 12,50 €/mes  (antes 3 GB)
  • 20 GB por 17 €/mes  (antes 5 GB)
  • 25 GB por 28 €/mes  (antes 10 GB)
Nalgúns casos o aumento é máis ca considerábel, pois chégase a multiplicar por catro a cantidade de datos. Ademais, no caso de querer dispór tamén de chamadas sen límite, os prezos tamén se reducen, de maneira que as posíbeis combinacións quedan como segue:
  • 1,7 GB + chamadas por 16 €/mes
  • 4 GB + chamadas  por 18 €/mes 
  • 10 GB + chamadas  por 20 €/mes 
  • 20 GB + chamadas  por 24 €/mes 
  • 25 GB + chamadas por 29 €/mes

No caso concreto da opción de 25 GB integrar as chamadas ilimitadas só supón 1 € de diferenza, polo que compensa moito esta alternativa. Ademais, debemos ter en conta que Simyo permite contratar estas tarifas tanto a clientes de cartón prepago como ás usuarias de contrato.

Sobre o autor

Reply