Logo da suba de tarifas aplicada hai uns meses coa desculpa de aumentar os datos nas súas tarifas, Vodafone pon agora o foco nos bonos de datos extra que permiten ás usuarias seguir navegando á máxima velocidade unha vez que se consumen os gigas incluídos na tarifa.
Trátase do servizo “+Megas“, a fórmula da operadora vermella coa que, a cambio de máis cartos, podemos evitar navegar a 16 kbps. Coa suba que Vodafone comeza a aplicar agora, de querer disfrutar deste servizo adicional, as usuarias deberán pagar as seguintes cantidades:
- 200 MB: 3 €
- 1 GB: 10 €
- 2 GB: 15 €
- 4 GB: 25 €
Hai que ter en conta que este servizo non é obrigatorio, aínda que xeralmente está activado de maneira predefinida. Desde a aplicación ‘Mi Vodafone’ ou a través do teléfono pode solicitarse a baixa para que, consumidos os datos, a operadora reduza a velocidade de navegación no canto de cobrar cotas extra.