Amena mellora as súas tarifas con máis gigas sen subir o prezo

Amena, a marca coa que Orange comercializa os seus servizos low cost, vén de anunciar melloras substanciais nas súas tarifas. Trátase dunha extensión da promoción de verán, que agora queda en forma de catro tarifas definitivas, con máis gigas sen aumentar o prezo final para as usuarias.

Deste modo, as catro propostas de Amena quedan do seguinte xeito:

  • 2 GB, SMS ilimitados e chamadas a 0 cént / min (6,95 €/mes). É a proposta máis económica, pensado para xente que fala pouco. O establecemento é de 18 céntimos.
  • 4,5 GB, SMS ilimitados e 100 minutos (14,95 €/mes). Nesta tarifa os excesos de minutos saen a 0 céntimos, con establecemento de 18 céntimos / chamada.
  • 10 GB, SMS e chamadas ilimitadas (19,95 €/mes). É das tarifas que máis medran, ao pasar de incluír 3 GB a 10 GB pola mesma cota.
  • 25 GB, SMS e chamadas ilimitadas (24,95 €/mes). Ao igual ca a anterior, esta tarifa aumenta moito, desde os 8 GB aos 25.

Como pode verse, a mellora das tarifas é importante, desde a oferta máis económica (que deixa os 2 GB por baixo dos 7 euros) á máis ambiciosa, acadando os 25 GB por menos de 25 euros. Todas elas están dispoñíbeis tanto para novas altas como para as usuarias actuais desde este momento.

Sobre o autor

Reply