Fíltrase unha nova tablet de LG, a G Pad X2 8.0 Plus

LG está a traballar no inminente lanzamento dunha nova tablet e, como en tantas outras ocasións, esta vén de ser filtrada antes de tempo. Trátase da nova LG G Pad X2 8.0 Plus, un dispositivo que apareceu na web de T-Mobile deixando á vista o seu deseño e tamén gran parte das súas especificacións.

O dispositivo leva unha pantalla de 8 polgadas con resolución 1920 x 1200 píxeles, e no interior ten un procesador de oito núcleos a 1,4 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD, como é habitual nos trebellos de LG. As súas cámaras son, ambas, de 5 megapíxeles, e como sistema operativo leva Android 7.0 Nougat.

As imaxes tamén revelan tamén un accesorio que non sabemos se se vai vender en conxunto ou de maneira independente. Trátase dunha especie de dock que se conecta á tablet para ofrecer máis autonomía (4400 mAh de batería extra), e tamén un porto USB a modo de OTG.

Dispoñibilidade e prezo

Polo de agora descoñécese cando está previsto que esta tablet e o seu accesorio estén dispoñíbeis para poder ser mercados, e tamén o seu prezo, mais tendo en conta as tablets previas da marca imaxinamos que serán bastante contidos.

Sobre o autor

Reply