Xiaomi Mi 5X: 5,5 polgadas e dobre cámara por menos de 200 euros

Xiaomi amosou estes días novos produtos, entre eles o novo smartphone Xiaomi Mi 5X. Trátase dun dispositivo que conta cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas e que incorpora un sistema de dobre cámara na parte posterior, formado por dous sensores de 12 megapíxeles.

Ademais das xa citadas, da súa folla de especificación cómpre destacar características como o seu procesador Qualcomm Snapdragon 625, os 4 GB de memoria RAM ou os 64 GB de memoria interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD.

No aspecto fotográfico, ademais do dobre sensor traseiro temos unha cámara frontal de 16 megapíxeles. Completando a listaxe de especificacións cabe sinalar a presenza dunha batería de 3080 mAh de capacidade e Android 7.1 Nougat como versión do sistema operativo, aínda que modificada coa capa de personalización EMUI.

Dispoñibilidade e prezo

O novo terminal de Xiaomi xa está á venda na China por un prezo de 1599 yuáns, que veñen a ser arredor de 190 euros ao cambio. Pódese mercar en negro, rosa e dourado.

Sobre o autor

Reply