As galerias de Instagram permitirán subir imaxes en diferentes formatos

A posibilidade de crear galerías desde a app de Instagram gustou moito ás súas usuarias pola facilidade que nos da á hora de compartir varias imaxes dun mesmo evento. Agora ben, malia a boa acollida desta funcionalidade, certo era que contaba cun problema que axima vai ser amañado. Cando creabamos unha galería, tiñamos que ter en conta o formato cadrado que exixe as galerías, tendo que recortar a imaxe.

Este problema acaba de ser solucionado e a equipa de Instagram vén de anunciar que xa soporta imaxes en formato vertical ou horizontal, iso si, para garantir unha boa experiencia de usuaria a galería deberá ter todas as fotos en formato vertical ou horizontal, e non poderemos misturar imaxes de diferente formato na mesma publicación.

Ademáis, tamén se non vai deixar etiquetar persoas nestas galerías unha vez publicada, tal e como podemos facer nas publicación dunha soa imaxe. Para rematar a listaxe de novidades, desde agora, as marcas terán a posibilidade de sinalar se os contido son patrocinados ou non.

Estas novidades chegarán coa versión 12 de Instragram que xa está chegando ás usuarias, polo que axiña poderemos comezar a desfrutar delas.

Sobre o autor

Reply