Yoigo, unha das marcas que forman parte do Grupo MásMóvil, vén de anunciar novidades co fin de verán, que afectan especialmente ás propostas converxentes fixo – móbil. No concreto, estamos a falar dun importante cambio na tarifa Combinada Azul, a opción máis premium da súa oferta.
Até o de agora, a Combinada Azul incluía Internet con teléfono fixo (ADSL, fibra 50 ou fibra 300 megas) e unha liña móbil con tarifa SinFín, é dicir, 25 GB de datos e chamadas ilimitadas. Coa entrada en vigor das novas tarifas inclúese unha segunda liña con chamadas ilimitadas, que pasa a compartir datos dese megabono de 25 GB.
O que non cambia son os prezos da tarifa, manténdose a opción máis económica (ADSL ou fibra 50 Mbps) + móbil (agora 2 liñas con ilimitadas e 25 GB a compartir) por 59 euros / mes e a máis premium, con 300 Mbps, por 69 euros /mes.