Así é Parental Clic, unha app antibuying

Hoxe queremos compartir con vós unha app de recente aparición que se chamana Parental CLick que ten coma misión recadar probas contra o acoso que sofren as pícaras da casa.

Parental Click non é unha app espía, se non que co consentimento da menor, proporciónalle unha ferramenta coa que acadar probas tanto de audio coma de vídeo e así poder facer unha denuncia da situación. Deste xeito, a app conta co “botón do forte” que con só axitar o terminal, poden activarse tanto a locaclización, e os sistemas de gravación de vídeo e son, que permiten obter probas recoñecidas legalmente, en base á xurisprudencia existente do Tribunal Supremo, que esa é a gran novidade.

Ademáis desta utilidade, a app conta cunha sección na que os pais e nais poden recibir axuda tanto da equipa de psicólogas coma de expertor tecnolóxicos ademáis de poder compartir con outros pais e nais as súas experiencias.

Outros dos puntos interesanes desta app, é que a rapazada recibirá preguntas de xeito periódico por parte da equipa de psicólogas para identificar situacións de risco que para elas pasar por alto e que serían o caldo de cultivo de algo peor.

Entre as funcionalidades que Parental Click ten, destacamos:

  • As nais e pais poden ver cada foto que fai ou reciba a menor.
  • Acceso ao historial de navegación.
  • Alerta de novos contactos engadidos na axenda.
  • Apps descargadas.

Como vedes, o control da actividade en internet está controlada máis a idea é que o uso desta app sexa plantexado no fogar para chegar a un acordo para que a menor non se sinta espiada.

Para comezar a empregar Parental Click, temos que descargar a app de balde desde a Play Store e logo loguearse na web recibindo unha chave dixital que poñer na app. Tede en contra, que esta aplicación ten unha versión free que inclúe unha serie de funcionalidades, pero se queremos ter acceso a un maior número de opcións, teremos que pagar desde 29€/ano.

Sobre o autor

Reply