Probamos Strava, unha app para monitorizar as nosas rutas en bici ou a pé

Cada día estamos máis preocupadas pola nosa saúda e levar un estilo de vida saudábel é tan importante coma facer algún tipo de exercicio físico. Por esta razón, surxiron moitas apps que nos axudan a monitorizar a nosa actividade nos últimos tempos.

Hoxe queremos falarvos de Strava, a que se cadra é o referente cando facemos rutas en bici ou mesmo a pé. Queremos centrarnos no seu uso sobre a bici.

Tal e como vedes na captura, esta é a información que aparece cando comeza unha monitorazación. Na parte superior, o tempo de exercicio máis abaixo a velocidade media e para rematar a distancia total. De ter conectado outro tipo de medidores de activade poderiamos ver tamén as nosas pulsacións.

Unha vez rematada a ruta, acadamos un resumo dos resultados amosados do seguinte xeito:

Temos un mapa que nos marca o percorrido realizado, cal foi o tempo e distancia total ademáis da media final conseguida. Ademáis, podemos ver os metros de desnivel que nos imos atopando na ruta un dato importante para ver a dificultade da mesma.

Non so atopamos datos, se non que temén temos gráficas que nos describen como foi a nosa velocidade ao longo da ruta. Para motivarnos un pouco máis, Strava conta cun sistema de premios que consiste básicamente en facer un ranking dos mellores que pasan polo mesmo segmento.

Na parte máis social da app, atopamos que podemos seguir a outras usuarias ou clubes de ciclismo e así de ter algún na túa zona, poder contactar e salir pedalear xuntos. Tamén podemos subir fotos das nosas saída, dar like a progresos dous amigos e memos facer comentarios.

Temos que ter enconta que Strava e compatibel coa maioria de dispositivos para ciclistas, coma poden ser reloxos ou GPS de Garmin, medidores cardiacos e reloxos con Android Wear de tal xeito que o seu uso é moito máis versátil e non dependemos en exclusiva do noso móbil.

Con Strava temos que ter en conta que se ben a app podemos descargala de balde na Play Store, algunhas funcionalidades son de pagamento, polo que teremos que facernos usuarias premium por 7.99€/mes ou 59.99€/ano.

Sobre o autor

One Response

  1. luarnabailada 14 Setembro, 2017 Responder

Reply