Correos intégrase na app de Wallapop

A boa acollida de Wallapop entre as usuarias que queren mercar ou vender os seus productos, non é unha novidade. Froito desde éxito, vimos de coñecer que para facilitar un pouco máis estes intercambios, Wallapop vén de pechar un acordo “en exclusiva” con Correos para facer envíos gratuítos desde a app, sempre que o envío sexa dentro da península.

Deste xeito, o proceso de compra venta entre particulares axílizase moito, pois desde a propia Wallapop temos acceso a unha compañía recoñecida para distribuir as cousas que vendemos, ademais de permitirnos aforrar tempo e cartos.

Entre as vantaxes deste acordo, ao usar Correos tanto o comprador coma o vendedor teñen acceso directo ao localizador de envíos da empresa, co que se pode facer un seguimento de onde está o paquete en cada momento do proceso.

Sen dúbida esta integración fai de Wallapop unha das plataformas máis atractivas para mercar e vender produtos que non necesitamos entre usuarias.

Sobre o autor

Reply