Mi A1, o novo terminal de Xiaomi con Android One

Nos últimos días falouse moito do último terminal de Xiaomi, un modelo que chega cargado de novidades. Trátase do Xiaomi Mi A1, que ten como principal característica ser un modelo Android One.

Como dicimos, a gran novidade deste terminal é que Xiaomi decidiu deixar de lado a capa de personalización, MIUI e apostar por Android ONE. Pois si, pasamos do que se cadra é o exponente máximo da personalización a Android na súa versión máis pura, reducindo ao mínimo a personalización. Ademáis, Android ONE garante 2 anos de actualizacións e parches de seguridade.

En canto ao resto de especificacións, o Mi A1 aseméllase moito ao Xiaomi Mi 5X, destacando unha pantalla de 5,5″ fHD, o procesador Snapdragon 625, 4 GB de memoria RAM, 64 GB de ROM, dobrecámara principal, USBType-C, lector de pegadas dixitais, batería de 3.080 mAh, con corpo de aluminio.

Este Mi A1 sae ao mercado con Android Nougat, aínda que a empresa confirmou que será actualizado a Oreo antes de rematar o ano. O primeiro mercado no que o imos atopar é na India o 12 de setembro por 196€ ao cambio, chegando máis adiante a Rusia, Hong Kong e mesmo Vietman.

Sobre o autor

Reply