Estes son os terminais de bq, Motorola e Sony que recibirán Android 8.0 Oreo

Con cada nova versión de Android chega a pregunta do millón: vaise actualizar o meu dispositivo? Con Android 8.0 Oreo xa lanzado e en fase de adaptación aos diferentes trebellos, pouco a pouco vanse confirmando de maneira oficial os modelos que disfrutarán desta nova versión.

bq

O fabricante español bq, que hai apenas uns días presentou novos smartphones, anunciou a semana pasada os modelos que recibirán Android 8.0 nos próximos meses. Serán os seguintes:

  • Aquaris X / Aquaris X Pro
  • Aquaris U / Aquaris U Lite / Aquaris U Plus
  • Aquaris V / Aquaris V Plus
  • Aquaris U2 / Aquaris U2 Lite

Os bq Aquaris X e Aquaris X Pro foron lanzados en maio deste ano con Android 7.1 Nougat, mentres que os Aquaris U / U Lite / U Plus sairon á venda en setembro de 2016 con Android 6.0.1 e recibiron a súa dose de Nougar en maio deste ano. Mención á parte merece o Aquaris X5 Plus, que saiu con Android 6.0.1 Marshmallow e foi o primeiro teléfono non-Google en recibir Android 7.1 Nougar en marzo de 2017.

Por último, os novos Aquaris U2 e U2 Lite, así comos os Aquaris V e V Plus, lanzados este mesmo mes con Android 7.1.2 Nougat, tamén están na lista de modelos a actualizar.

Motorola

Pola súa banda, a través da web de Motorola en Estados Unidos puidemos coñecer os modelos que Lenovo ten previsto actualizar dentro da marca ex-propiedade de Google. Trátase dos seguintes dispositivos:

  • Moto Z2 Play.
  • Moto Z2 Force.
  • Moto Z Play.
  • Moto Z Force.
  • Moto Z.
  • Moto G5S Plus.
  • Moto G5 Plus.
  • Moto G5.

O que non se ten confirmando aínda é a data na que estes modelos recibirán a ansiada actualización.

Sony

Finalmente, o fabricante xaponés Sony tamén fixo públicos os modelos que desexa actualizar á última versión de Android. Serán os seguintes:

  • Xperia X
  • Xperia X Performance
  • Xperia XZ
  • Xperia X Compact
  • Xperia XZ Premium
  • Xperia XZs
  • Xperia XA1
  • Xperia XA1 Ultra
  • Xperia XA1 Plus

Como se pode ver, trátase unicamente dos modelos máis punteiros da marca nipona, quedando o resto relegados a manter unha versión anterior á última dispoñíbel. Ao igual ca nos casos anteriores, descoñécese a data na que estes modelos recibirán a última versión de software.

Sobre o autor

Reply