A operadora galega Juifi, con sede en Melide e especializada en Internet rural, vén de actualizar a súa oferta de tarifas de móbil coa creación de novas modalidades e a mellora do prezo nalgunha das xa existentes. Con estes cambios, as usuarias dispoñen dun total de 8 opcións preconfiguradas, dúas máis ca até o de agora.
Tarifas móbiles de Juifi
Tras estes cambios, as tarifas de Juifi quedan como segue:
- BoxS+: inclúe 250 minutos e 300 MB por 7,30 €/mes [antes 100 minutos]
- BoxM: 100 minutos e 1 GB por 9 euros/mes [non cambia]
- BoxM+: 300 minutos e 1 GB por 11,98 euros/mes [non cambia]
- BoxL+: 220 minutos e 2 GB por 14,96 euros/mes [nova]
- Box Ilimitada: chamadas ilimitadas e 2 GB por 16,50 euros/mes [pasa de 1,5 a 2 GB]
- Box+ Ilimitada: chamadas ilimitadas e 4 GB por 19,50 euros/mes [pasa de 3 a 4 GB polo mesmo prezo]
- Box5 Ilimitada: chamadas ilimitadas e 5 GB por 21,49 euros/mes [baixa de prezo 4 €]
- Box12 Ilimitada: chamadas ilimitadas e 12 GB por 23,60 euros/mes [nova]
Estes cambios supoñen unha mellora considerábel das condicións, situándose máis próximas á competencia directa e respondendo á demanda das usuarias, que cada vez precisan un volume de datos maior para sacr todo o partido aos seus dispositivos.
Pódese contratar Juifi a través da súa páxina web, juifi.com.