Novo Wiko View XL con pantalla de 5,99 polgadas por 229 euros

O fabricante francés Wiko vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal, un dispositivo no que aposta por ofrecer ás usuarias un produto de gran pantalla. Falamos do Wiko View XL, coa súa pantalla de 5,99 polgadas e e unha relación de tamaño 18:9.

Malia estas dimensións, a resolución da pantalla é HD+, no que seguramente sexa o punto máis frouxo do dispositivo. No interior temos un procesdor Qualcomm Snapdragon de catro núcleos a 1,4 GHz xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poden ser ampliados mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

No apartado multimedia atopamos unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal de 16 Mpx, ambas as dúas con flash LED. Completando a listaxe de especificacións temos un sensor de pegadas dixitais, situado na parte traseira, batería de 3000 mAh, conectividade 4G e Android 7.1 como versión do sistema operativo.

O novo Wiko View XL xa está á venda, podéndose adquirir por 229 euros en negro ou dourado.

Sobre o autor

Reply