Semanas atrás Nokia presentou o seu flagship, un modelo co que a marca quere volver pola porta grande ao mercado dos smartphones. Falamos do un modelo que por fin xa podemos mercar no noso país.
Entre as súas características, destacamos:
- Pantalla de 5,3″ e qHD (2560x1440px).
- Procesador Qualcomm Snapdragon 835.
- 4GB de RAM.
- 64GB de ROM e microSD até 256GB.
- Doble cámara principal de 13 mpx RGB con OIS e 12 mpx en b/n Zeiss e flash de doble ton.
- Cámara dianteira de 13 mpx.
- Batería de 3090 mAh.
- NFC, lector de pegadas dixitais,..
- Android 7.1.1 Nougat.
Malia ser un terminal moi potente, que a priori, ten que ofrecer un moi bo rendemento non mantén a tendencia de “fora marcos”, que están aplicando todas as compañías para os seus tope de gama, o que pode ser unha eiva para moitas de vós.
Pois ben, agora sabemos que o Nokia 8 xa se pode mercar no noso país por 599€ ao que se lle engadimos 1€, teremos un envío rápido de 1-2 días e se non temos presa, podemos aforralo a cambio de agardar de 3 a 5 días hábiles.