Nokia 7: toda a información do novo gama media de Nokia

O regreso de Nokia ao panorama Android segue a dar os seus froitos. Os actuais donos da histórica marca finlandesa veñen de anunciar o lanzamento dun novo modelo de gama media, o Nokia 7, que chega ao mercado chinés para completar un catálogo cada vez máis diverso.

Trátase dun smartphone que incorpora unha pantalla de 5,2 polgadas con resolución 1920 x 1080 píxeles e que no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 630 de oito núcleos a 1,8 GHz, xunto con 4 ou 6 GB de RAM e 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira de 16 megapíxeles con apertura f/1.8 e unha frontal de 5 megapíxeles. A batería sitúase nos 3000 mAh (conector tipo C) e como sistema operativo leva Android 7 Nougat sen apenas cambios estéticos.

Como pode extraerse desta folla de especificacións semella que o elemento máis destacábel deste modelo é a cámara principal, que conta cunha apertura idónea para sacar imaxes en condicións de baixa luminosidade. Porén, tamén é de sinalar o sistema de audio, potenciado mediante a tecnoloxía OZO para ofrecer unha experiencia de usuario un tanto superior.

Dispoñibilidade

Como comentamos ao comezo do artigo, nunha primeira fase non está previsto que o Nokia 7 chegue ao noso pais, sendo un modelo exclusivo para a China. Porén, é posíbel que nas próximas semanas teñamos máis novas sobre a súa dispoñibilidade internacional.

Sobre o autor

Reply