O fabricante francés ARCHOS vén de presentar o novo Diamond Omega, un terminal premium co que a compañía agarda ter unha máis que boa acollida entre as consumidoras.
O dispositivo ten, como putno a destacar, unah carcasa fabricada en vidro azul escuro que alberga unha pantalla de 5,7 polgadas cun ratio de pantalla – corpo do 85%, é dicir, que o frontal é case todo pantalla, seguindo as liñas estéticas actuais.
Outro dos puntos fortes do Diamond Omega son os seus catros sensores de cámara, dous situados na parte posterior do termianl e outros dous na frontal para termos uns mellores selfies.
Comezando polas cámaras principais, detacamos o sensor de 23 MP de Sony con apertura f/2.0 e outro de 12 MP tamén de Sony, con apertura f/1.8 para capturar a máxima cantidade de luz tanto de día coma de noite e realizar unhas moi boas fotografías.
Pasando agora á dianteira, atopamos dúas cámaras de 5 MP dirixidas a obter o mellor resultados cando facemos selfies, pois atomamos todo tipo de modos coma o efecto natural Bokeh ou fondos difuminados.
En canto ao resto de especificacións destacamos:
- Procesador Qualcomm Snapdragon 835 até 2.45GHz.
- GPU Adreno 540.
- 8GB de RAM.
- 128GB de memoria interna.
- Gravación de vídeo a 4K a 30fps.
- Batería de 3100mAh, con carga rápida.
- Nubia UI 5 based on Google Android 7 Nougat.
- 4G+, Wifi MiMo, Dual SIM, GPS, GPS+AGPS, GLONASS, USB Type-C, NFC,…
Agardando á posibilidade de probar unha unidade, sobre o papel, este terminal ARCHOS ten moi boa pinta. Se estades interesadas en conseguir o Diamong Omega, cómpre saber que sairá ao mercado na segunda metade de novembro cun prezo de 499,99€.