A nova BlackBerry Motion é oficial nos EAU e poderase mercar por uns 400 euros

Malia terse especulado co nome de Krypton, o novo terminal de BlackBerry chámase BlackBerry Motion e xa é oficial, un dispositivo que podemos mercar nos próximos días por uns 400 euros, aínda que unicamente en mercados seleccionados.

Especificacións

A folla de especificacións deste novo trebello sitúanos ante un modelo da crecente “gama media premium”, o que implica que sen chegar a ser un dispositivo de gama alta si que incorpora moitas características de gama alta. As máis destacábeis son as seguintes:

  • Pantalla FHD de 5.5″ IPS.
  • Procesador Snapdragon 625 de oicho núcleos a 2 GHz.
  • 4 GB de memoria RAM.
  • 32 GB de memoria interna, con slot para micro SD de até 2 TB.
  • Cámara principal Samsung de 12 Mpx.
  • Cámara dianteira de 8 Mpx.
  • Batería de 4000 mAh con carga rápida.
  • Ademáis IP67 (resistencia a po e auga), USB Tipo C…
  • Android Nougat.

Sobre as cámaras é preciso destacar que a principal conta con enfoque PDAF e apertura f/2.0, ademais de dobre flash tipo LED. É capaz de gravar vídeo en resolución até 4K a 30 fps.

Na súa saída ao mercado, cómpre dicir que aló menos de primeiras, só estará presente nos Emiratos Árabes e Arabia Saudí, aínda que si se agarda que chegue a máis mercados posteriormente. O prezo de saída achegarase aos 400€.

Sobre o autor

Reply