Este é o Nokia 2, un terminal barato pero cunha boa autonomía

A volta de Nokia ao mercado dos smartphones, está dando que falar. Queren ter un terminal referente en cada segmento do mercado que sexa quen de pelaxar cos seus rivais. Desta volta queremos achegarvos o Nokia 2, un terminal básico que destaca polo seu bo acabado e a súa gran batería que garante un uso prolongado.

O primeiro que chama a atención deste novo modelo de Nokia é o seu acabado, pois os materiais elixidos dan a sensación de estar utilizando un terminal dunha gama superior grazas ao seu marco de aluminio e ao policarbonato da traseira.

Entre as súas especificacións, queremos destacar:

  • Pantalla IPS de 5″ HD con protección Gorilla Glass 3.
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 212, un quadcore a 1,4 GHz.
  • GPU Adren0 304.
  • 1 GB de RAM.
  • 8 Gb de memoria interna e SD até 128 GB.
  • Cámara principal de 8 Mpx e sensor dianteiro de 5 Mpx.
  • Batería de 4100 mAh.
  • Android Nougat 7.1.1, sen capa de personalización.

Como vedes é un terminal para persoas que non precisen moito, pois tanto de memoria RAM coma interna vai moi moi xusto, polo que vai dirixido a usuarias que só precisen comunicarse por Whatapps, facer chamadas e consultas puntuais tanto no navegador coma actualizar redes sociais.

Como punto destacábel están os seus 4100 mAh que segundo Nokia permitiranos empregar o terminal durante dous días sen problema algún. Ademáis, cómpre dicir, que contará con Google Assitant malía ser un terminal de entrada.

Este Nokia 2, podémolo atopar en tres cores (branco, negro e cobre) e sairá ao mercado a mediados de novembro por un prezo de 99€.

Sobre o autor

Reply