Google Assistant xa funciona en español

Unha das novas destacadas destes últimos días, é que Google ven de anunciar a chegada do idioma español a Google Assistant.

O asistente persoal de Google ten moi boa pinta, pero polo de agora só o podiamos usar en inglés, pero agora vense de confirmar a chegada escalonada de xa mesmo aos terminais que teñen instalado Android 6 Marshmallow e versións superiores. Tede en conta que non é preciso intalar unha app nova, senón que tan só cambiará Google Now por Google Assistant.

Coa implementación de Google Assistant nos nosos terminais poderemos interactuar co noso móbil mediante comandos de voz, permitindo facer axustes no terminal ou enviar mensaxes, todo isto, sen ter que tocar o teléfono.

Sen dúbida esta é unha boa nova, pois xa non é preciso mercar un dos terminais de Google pois en pouco tempo, todas teremos esta opción activada nos nosos aparellos, iso sí aínda teremos que agardar un pouco máis ao soporte para o galego.

Sobre o autor

Reply