Xa podes facerte cliente de Abanca a través dunha vídeochamada

Abanca vén de incorporar á súa aplicación de banca móbil unha interesante novidade: a posibilidade de facerse cliente da entidade a través dunha vídeochamada. Deste modo, en apenas dez minutos, calquera pode ter a súa “Conta Clara” contratada e operativa para comezar a travar con ela.

A “Conta Clara” é un dos produtos estrela de Abanca, e consiste en dúas contas (unha corrente e outra a prazo) conectadas entre si para aforrar de forma automática. Ademais, non ten comisións e as tarxetas de débito e crédito, así como as transferencias, non teñen custe sempre e cando a clienta opere a través de canles dixitais.

Para contratar este servizo a través do novo sistema de videochamada as usuarias non teñen máis que descargar a aplicación de Abanca desde a Play Store e seleccionar “Non son cliente”. A continuación recibirá indicacións para enviar unha fotografía do DNI / NIE para extraer os datos de forma automática e comprobar a súa autenticidade.

Logo dese paso pediráselle información económica e persoal segundo a normativa (nível de ingresos, situación laboral…) e, finalmente, establecerase comunicación por videochamada co persoal de Abanca para finalizar o proceso de contratación, procedendo así á dobre identificación da persoa contratante.

Todo o desenvolvemento da ferramenta foi realizada polo equipo tecnolóxico da entidade tecnolóxica galega, mellorando así unha aplicación que vai incorporando día a día novas xestións, como outras xa dispoñíbeis desde hai un tempo (apagar / acender tarxetas, aprazar gastos, contratar préstamos ou crear tarxetas virtuais para compras on-line).

Play Store | Abanca

Sobre o autor

Reply