As clientas de R, Euskaltel e Telecable están de noraboa, pois a partir do ano que vén poderán acceder aos contidos de Netflix directamente a través do desco 4K, como resultado dun acordo que vén de asinar o Grupo Euskaltel coa empresa norteamericana de contidos en streaming.
As primeiras usuarias que poderán disfrutar do catálogo de Netflix nas súas casas a través da plataforma de televisión por cable serán as de Euskaltel, e informan de que chegará cun botón adicado a Netflix no mando, converténdose así no primeiro operador do Estado español en ofrecer acceso ao servizo cun só clic.
Este acordo é posíbel grazas á capacidade de rede do grupo, pois aparecen na cabeza da clasificación que mensualmente fai Netflix sobre a calidade dos proveedores de Internet a través dos que se conectan as usuarias.
Polo de agora non hai información concreta de cando chegará ás usuarias de R nin tampouco de se estas van poder disfrutar dalgunha oferta especial, mais en todo caso é unha boa nova que abre a porta a novas potencialidades.