Twyp xa permite sacar cartos en máis de 4.000 comercios, sexa cal sexa o noso banco

Hai xa algún tempo falamos no blog de Twyp, o servizo de ING que permite ás clientas deste banco sacar cartos en supermercados e gasolineiras. Porén, agora anuncian que este servizo amplíase ao resto de usuarias, polo que todas podemos gozar deste sistema sexa cal sexa o noso banco.

Deste modo Twyp ábrese a calquera usuario, permitindo agrupar nunha única aplicación o pago entre persoas e a compra ou retirada de efectivo en comercios. Para poder usala tan só debemos descargar a app (ou actualizala se xa a temos) e rexistrarnos na plataforma.

Feito isto, para retirar cartos na caixa dun dos establecementos asociados debemos seleccionar na app o importe que queremos obter e introducir a nosa clave, xerándose así un código que é o que debemos amosar á dependente que nos atenda. As usuarias de ING verán que esta cantidade cárgase directamente na súa conta, mentres que ao resto descontaráselle do saldo cargado previamente a través dunha tarxeta de débito ou crédito.

A rede de puntos integrada neste servizo componse dos establecementos do Grupo DIA (tendas DIA Market, DIA Maxi, supermercados La Plaza de Dia e Clarel) e as gasolineiras Galp e Shell, ademais de varios estancos.

Descoñecemos se este servizo ten ou non unha boa acollida entre as usuarias actuais da app, mais o certo é que ampliar o número de lugares nos que podemos retirar efectivo semella unha boa idea, malia vivirmos nun mundo que as transaccións electrónicas gañan terreo día a día fronte as tradicinais moedas e billetes.

Play Store  | Twyp

Sobre o autor

One Response

  1. Marcos 25 Novembro, 2017 Responder

Reply