Vodafone One ao 50% durante 6 meses e outras ofertas de Vodafone polo Black Friday

Nos últimos anos Vodafone sumouse á celebración do Black Friday con varias ofertas que afectan tanto ás tarifas dos servizos de telecomunicacións como aos trebellos e accesorios que comercializa. Este ano non ía ser menos e do 20 ao 27 de novembro, ambos inclusive, achega rebaixas a clientas actuais e novas clientes.

No que ten a ver cos paquetes, todas as novas contratacións de tarifas Vodafone One (fixo + móbil) disfrutarán dunha cota á metade de prezo durante 6 meses, período tras o cal volverá a cobrarse o prezo estándar do contrato seleccionado.

Por outra banda, as clientas de tarifas Vodafone One ou Red terán 6 meses gratis do bono Video Pass, valorado en 48 euros, que permite ver vídeos e series no móbil sen gastar datos da tarifa contratada a través de plataformas como YouTube, Vimeo, HBO, Netflix… entre outros.

Así mesmo, quen queira cambiar de móbil e decida mercar un Sony Xperia XZ Premium por 29 euros ao mes recibirá, até agotar as unidades, unha Play Station 4 valorada en 299 €. Esta non é a única oferta ligada con teléfonos, pois o Huawei P10 Plus baixa 156 euros (quedando en 18,5 €/mes), o Huawei P10 rebáixase 72 € (cota de 14,5 €/mes) e o LG G6 custará 96 € menos (cota de 16 €/mes).

Os recén presentados dispositivos V by Vodafone, ligados ao Internet das Cousas (IoT), terán un desconto do 50%, así como o primeiro mes de suscrición sen custe. Deste modo, V-Pet custará 29,95 €, V-Auto 39,95 €, V-Bag 29,95 € e V-Camara 179,95 €.

Estas e outra ofertas da compañía estarán accesíbeis na web de Vodafone e tamén a través da rede de tendas físicas da operadora.

Sobre o autor

Reply