Venres Neghro, o particular “Black Friday” da galega R

En R adoitan rachar con moitas das tradicións, dándolle unha volta ás cousas para deixar a súa pegada. Quizais isto é o que levou á operadora galega a montar o seu particular “Venres Neghro“, unha versión ghalegha do Black Friday que se prolongará até o próximo xoves 30 de novembro.

Os descontos afectarán a varios móbiles, aínda por determinar agás o LG Q6, que poderá adquirirse por unha cota de 10 € durante 24 meses. O aforro non é excesivo se temos en conta o que custa no mercado libre (uns 270 euros), mais para aquelas persoas que prefiran ir pagando o teléfono mes a mes no canto de todo xunto é unha oferta moi interesante.

Por outro lado, por portar unha liña nova a móbilR a compañía regala un bono con 20 GB de datos para consumir até o 31 de decembro, promoción que se aplica a clientes con combo ou combo SEN que contraten tarifa de 200 minutos e 3 GB ou superior ou ben unha tarifaR (5 GB e superior).

De non ser cliente de R, as usuarias tamén gozarán de 20 GB de regalo e, ademais, as novas altas disfrutarán dun combo 200 con tv ocio e unha liña móbil con 200 minutos e 8 GB por 19 € durante 6 meses, momento a partir do cal cobraríase o prezo habitual de 69 euros ao mes.

Que vos parecen estas propostas?

Sobre o autor

Reply