Tuenti súbese ao carro das tarifas converxentes desde os 36 €

Nos últimos anos as operadoras tradicionais foron creando a súa rede de marcas “low cost” como unha estratexia coa que poder manter parte da couta de clientes con tarifas máis sinxelas e, por suposto, máis económicas. Así naceron, Lowi, Amena e Tuenti (marcas de Vodafone, Orange e Movistar, respectivamente), nun primeiro momento centrándose no mercado unicamente móbil.

Porén, cada vez máis, as usuarias esixen tarifas converxentes, polo que nas últimas datas vimos este tipo de propostas en Amena e Lowi. A única que faltaba era Tuenti, a marca branca de Movistar, que agora vén de apuntarse ao carro cunha oferta fixo – móbil bastante atractiva.

Tuenti ofrece fibra simétrica de 50 Mbps ou de 300 Mbps, e servizo de móbil desde 1,5 GB, que viría a ser a tarifa LOL. Deste modo configúrase unha oferta que comeza nos 36 euros e que queda como segue:

  • Fibra 50 Mbps + LOL: fibra 50 megas e unha liña móbil con 1,5 GB e chamadas a 0 céntimos (establecemento 20 céntimos) por 36 €/mes
  • Fibra 50 Mbps + FAV: fibra 50 megas e unha liña de m´bil con 3 GB de datos e chamadas a 0 (con establecemento) por 40 €/mes
  • Fibra 300 Mbps + LOL: fibra 300 megas e liña móbil con 1,5 GB e chamadas a 0 por 46 €/mes
  • Fibra 300 Mbps + FAV: fibra 300 megas e liña móbil con 3 GB por 50 €/mes

Que vos parecen estas propostas?

Sobre o autor

Reply