Cinco razóns polas que Whatsapp pode bloquear a túa conta

A maior parte de nós usamos Whatsapp, pero de seguro que tamén a maioría descoñece que existen 5 razóns polas que a empresa pode suspender a nosa conta. Estes 5 motivos son os seguintes:

Exceso de mensaxes a contactos non rexistrados

Se nos mesaxeamos con outras usuarias de xeito habitual, temos que estar seguras de que esta nos teña rexistrasdos, pois de non ser así, a app pode considerar que as túas mensaxes son spam ou mesmo acoso. Isto non debe ser un problema, pois os contactos habituais teñen o noso número gardado, pero ollo con isto.

Presenza en moitos grupos con descoñecidos

Se creamos moitos grupos con usuarias das que non temos rexistrados os seus números, podemos perder a conta, pois Whatsapp pensa que viola os termos de uso. É dicir, que non apareceu nun grupo do que non coñece a ninguén e no que aperece calquera tipo de publicidade? O creador deste tipo de grupos, pode perder o seu perfil.

Se moitas usuarias te bloquean

Se recibes moitos bloqueos nun pequeno periodo de tempo, Whatsapp pode suspender a túa conta pois vaite considerar usuaria non desexada na comunidade, pois non é normal que nun mesmo periodo de tempo un grupo de usuarias bloqueen a outra.

Se a túa conta está en moitos dispositivos á vez

Se empregas a túa app en varios dispositivos ou con varios número de teléfono a empresa pode bloquearte. Segundo eles, non hai xeito (ao menos legal, para eles) de ter unha mesma conta de Whatsapp con dous número de teléfono. Por exemplo, no caso dos terminais con dúas SIM, a plataforma di que só se pode usar un número para verificar a conta.

Whatsapp tampouco está moi dacordo en que cambies habitualmente de terminal, e pode ser que a túa conta se bloquee cando esta acción se repite no tempo, e cambias a SIM de dispositivo, activando cada vez a conta de Whatsapp nese novo dispositivo.

Se WhatsApp pensa que non eres unha usuaria confiable.

Esta é a condición máis ambigua. Cales son os criterios para perder a confianza da plataforma? Para iso, non queda outra que ler os termos e condicións da app, que poucas fan (culpa nosa) e o peor, cambian continuamente. Por iso, se non queremos atoparnos con sorpresas, hai que ler os termos e condicións e se non, usar a app con cabeza, o que non debería ser tan complicado 😉

Esta guía só é un punto de partida, pois a verdade e que non se especifica, por exemplo, o que a plataforma entende por ter moitos dispositivos ou cantos son moitos bloqueos e en que periodo de tempo acontecen estos bloqueos.

Aínda así, non pretendemos crear ningún tipo de alarma pois calquera persoa razoábel que empregue a app con xeito non debe ter ningún problema deste tipo.

Sobre o autor

Reply