Así quedan as tarifas con máis datos que podemos contratar no noso país

Cada vez facemos máis cousas cos nosos móbiles e, polo tanto, increméntanse as nosas necesidades de contar cunha boa tarifa de datos que nos permita chegar ao final do mes sen ter que navegar a velocidade reducida.  Neste camiño, nos últimos meses foron aparecendo varias tarifas “ambiciosas”, que sitúan a cota de gigas bastante por riba do habitual.

Unha das últimas empresas en sumarse a esta moda é R, que anunciou hai uns días que as usuarias de móbilR poderán disfrutar a partir do 22 de decembro dunha tarifa que inclúe chamadas ilimitadas e 50 GB por 45 €/mes, converténdose na primeira operadora do Estado en ofrecer tal cantidade de datos no móbil de maneira directa.

Porén, esta non é a única oferta para as usuarias máis demandantes de datos, e noutras operadoras tamén temos propostas interesantes para estes perfís. As máis amplas en datos son as seguintes:

  • Amena. 25 GB con chamadas ilimitadas por 24,90 €/mes. Usa a rede de Orange e reduce velocidade a 16 kbps.
  • Yoigo.  La Sinfín leva 25 GB e chamadas ilimitadas por 32 €/mes. Usa rede propia e a de Orange e reduce a velocidade a 128 kbps.
  • Simyo. 25 GB e chamadas a 0 cént/min por 28 €/mes, aínda que por 29 €/mes leva chamadas ilimitadas. Usa cobertura Orange e
  • Tuenti. 20 GB con chamadas a 0 cént/min por 21 €/mes. Cobertura Movistar e reducción de velocidade a 64 kbps.
  • Telecable. 20 GB e chamadas ilimitadas por 30 €/mes. Usa cobertura de Vodafone e reduce velocidade a 64 kbps.
  • Vodafone. 20 GB, chamadas e SMS ilimitados por 47 €/mes
  • Movistar. 20 GB con chamadas ilimitadas por 47 €/mes.
  • Pepephone. La Inimitable ofrece 19 GB de datos e 5001 minutos por 19,90 € ao mes, baixo cobertura Movistar. Ao rematar o bono de datos cobra o exceso de datos.

O salto en datos que ofrecerá agora R é importante con respecto á oferta de outras operadoras do Estado, cun prezo bastante atractivo se o comparamos, por exemplo, coas tarifas de 20 GB que ofrecen Movistar ou Vodafone. En calquera caso, decidir se precisamos unha destas tarifas ou nos chega cunha opción máis modesta xa é unha cuestión de usos moi persoal. Vós que pensades

Sobre o autor

Reply