MediaTek anuncia un novo procesador para acelerar o crecemento do IoT-Narrow Band

MediaTek vén de anunciar o lanzamento dun novo procesador especialmente deseñado para a Internet das Cousas de banda estreita (IoT – Narrow Band). Trátase do chipset MT2621, e entre as súas características destaca a conectividade GSM/GPRS.

O novo procesador de MediaTek permitirá manexar unha ampla gama de trebellos conectados á Internet, como poderían ser os rastreadores deportivos, así como manexar a distancia medidores intelixentes e outras aplicacións industriais.

Ademais, o MT2621 require unicamente dunha SIM e antena para cubrir redes telefónicas GSM e NB-IoT, con funcionalidade dual en espera (SSDS). Isto permite unha soa UICC e número telefónico para ambas redes, inclusive cando estén en funcionamento de maneira simultánea, coa conseguinte eficiencia de custe.

Xa a nível máis técnico, no seu núcleo o MediaTek MT2621 está alimentado por Army7 MCU vinculado con flash interno e PSRAM. Ademais, soporta interfaces de visión e son para periféricos e vén con Bluetooth 4.2 integrado para conectarse con dispositivos próximos dentro do alcance.

Sobre o autor

Reply