Yoigo xa ofrece conexións de 1 Gbps desde 65 euros

Yoigo, unha das marcas comerciais do Grupo Másmóvil, anunciou a semana pasada o lanzamento da súa oferta comercial de fibra con 1 Gbps de velocidade, modalidade que estará dispoñíbel para a súa contratación a partir do 13 de decembro cun prezo de partida de 65 €/mes na súa modalidade máis básica.

En total, Yoigo ofrece un total de catro alternativas, dependendo de como sexa o servizo de móbil vencellado á oferta fixa. Son as sguintes:

  • La de Casa 1 Gbps: inclúe fixo e Internet 1 Gbps por 65 €/mes (3 meses a 52 €)
  • Combinada Verde 1 Gbps. Ademais de Internet fixo, móbil con 200 minutos e 5 GB por 76 € (3 meses a 60,80 €)
  • Combinada Morada 1 Gbps. Ademais de Internet fixo, móbil con chamadas ilimitadas e 5 GB por 82 € (3 meses a 65,60 €)
  • Combinada Azul 1 Gbps. Ademais de Internet fixo, móbil con chamadas ilimitadas e 25 GB por 89 € (3 meses a 71,20 €).

Nas combinadas morada e azul as usuarias de Yoigo poden ter unha segunda liña con chamadas ilimitadas que comparte os datos da liña principal sen pagar nada a maiores, e un desconto do 50% nas liñas adicionais, neste caso independentemente de cal sexa a combianda escollida.

Sobre o autor

Reply