O Nokia 8 vén de recibir a súa ración de Oreo

Unha das grandes promesas de Nokia tras o seu regreso ao mercado de smartphones da man de Android foi a de establecer un sistema de actualizacións “estilo Google”. Se cadra aínda falta tempo para ver se esta promesa chega a bo porto, aínda que polo de agora semella que van na boa dirección.

E é que o Nokia 8 vén de converterse nun dos primeiros terminais en recibir Android 8 Oreo,  a última versión de Android, o que supón o primeiro paso de cara á chegada desta actualización a outros dispositivos da marca.

 

Se HMD Global cumpre e dá un paso adiante tanto nos tempos de actualizacións coma na chegada das mesmas a calquera tipo de gama á que pertenza o terminal, pode chegar a ser unha empresa referente pois precisamente unha das principais eivas de Android é o problema da fragmentación.

O tempo diranos se esta é outra promesa máis no tema de actualizacións ou se efectivamente podemos ver o soño cumprido dun fabricante que coida os seus trebellos durante máis tempo.

Sobre o autor

Reply