Honor View 10, un dispositivo de altas prestacións por 499 euros

Había tempo que Honor, a marca alternativa de Huawei, non lanzaba novos dispositivos orientados a Europa, mais agora regresa pola porta grande. En concreto, faino cun novo modelo de gama alta, o Honor View 10, que chegará ás tendas do noso país a comezos de 2018.

O Honor View 10 integra unha pantalla de 5,99 polgadas con resolución 2160 x 1080 píxeles e unha relación de aspecto 18:9, a máis empregada nos dispositivos de gama alta durante este ano que remata. No seu interior temos un procesador Kirin 970 con NPU para intelixencia artificial (semellante ao que vimos no Mate 10 de Huawei), xunto con 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 256 GB.

No apartado fotográfico destaca a cámara traseira, formada por dúas lentes, unha monocroma de 20 Mpx e outra RGB de 16 Mpx con OIS, apertura f/1.8 e gravación en 4K. A cámara frontal tamén é destacable, pois temos un sensor de 13 megapíxeles con apertura f/2.0 e sensores de profundidade.

A batería sitúase nos 3750 mAh de capacidade con sistema de carga rápida, e no aspecto da conectividade destaca a presenza do USB Tipo C, o dual SIM, NFC ou o WiFi de dobre banda. En canto ao sistema operativo, vén con Android 8.0 Oreo e a capa EMUI 8.

Dispoñibilidade e prezo

Como comentamos ao comezo do artigo, o novo Honor View 10 vaise poñer á venda no noso país o próximo 8 de xaneiro por 499 euros, un prezo moi interesante para un dispositivo destas características.

Sobre o autor

Reply