Facebook permite silenciar ás nosas amizades durante 30 días

Recoñezámolo. Todas temos alguén no Facebook que publica en exceso e nos satura o timeline con publicacións que nos interesan de pouco a nada. Para iso (e xa desde hai moito tempo) temos unha opción que nos permite deixar de seguir ás persoas e mantela como amiga, de maneira que unicamente poderemos ver o que publican se volvemos seguir ou se lle entramos no perfil a ver que ten de novo.

Porén, agora a compañía vén de habilitar unha nova funcionalidade, o silenciado das publicacións durante 30 días. Esta novidade chega coa última versión da aplicación de Facebook para Android baixo o nome de “pausar”, e o que fai é deixar de amosarnos as publicacións da persoa ou da páxina que seleccionemos durante 30 días.

Snooze

Publicado por Facebook en Miércoles, 13 de diciembre de 2017

Para activar esta función debemos clicar nos puntiños que nos aparecen ao lado dunha publicación da persoa ou páxina e seleccionala, momento no cal quedará habilitada durante un mes. En calquera caso, se chegado o punto queremos repensalo e volver ver esa información poderemos entrar o seu perfil e tocar na icona “pausado” para poder reactivar a aparición das publicacións no noso feed.

Que vos parece esta opción? Considerádela de interese? Pensáchedes a quen lla poderíades activar?

Sobre o autor

Reply