Sigue os resultados das Eleccións á Generalitat de Catalunya desde o teu Android

Non cabe a menor dúbida de que, xunto co referéndum do pasado primeiro de outubro, as Eleccións á Generalitat de Catalunya de hoxe constitúen un dos principais acontecementos políticos de todo ano, polo que de seguro que son moitas as persoas que farán seguimento de todo o proceso electoral.

Para facer este seguimento temos múltiples opcións, desde a páxina oficial do proceso ás webs de xornais e medios de comunicación, que nos últimos anos teñen mellorado moito para ofrecer resultados en tempo real dunha maneira moi áxil, rápida e vistosa.

Quen prefira seguir estes resultados dispón de varias aplicacións na Play Store, unha delas “Elecciones 21D“, a app oficial da Generalitat. A través dela podemos consultar a participación e os resultados provisionais durante o reconto, tanto de maneira global como por circunscripcións, comarcas e municipios, ou se preferimos por candidaturas presentadas, incluíndo as candidatas que resultan electas.

A app tamén dispón de algunha que outra funcionalidade adicional, como a posibilidade de configurar “o teu parlamento”, algo que logo podemos compartir nas redes sociais coas nosas amizades ou seguidoras.

Play Store | Elecciones 21D

Sobre o autor

Reply