Nokia prepara seis novos terminais con Android

Recentes filtracións apuntan a que Nokia, hoxe unha das marcas fabricadas por TCL na China, achegará a este 2018 un total de seis novos terminais: o Nokia 9, o Nokia 8 2018, o Nokia 7 Plus, o Nokia 6 2018, o Nokia 4 e o Nokia 1.

 

Segundo todas as previsións, neste primeiro mes de xaneiro habemos coñecer o Nokia 9, Nokia 8 2018 e o Nokia 6 2018. Do primeiro deles, o Nokia 9, agárdase que sexa o primeiro teléfono con pantalla “infinita” e escáner de iris, mentres que o Nokia 6 e Nokia 8 serán versións evolucionadas en hardware das edicións do 2017. Polo de agora barállase a chegada do Snapdragon 630 para o Nokia 6, o que suporía unha mellora moi importante con respecto ao modelo do ano pasado.

O resto de modelos que prepara a marca para este 2018 chegarán máis adiante, imaxinamos que algún durante o Mobile World Congress de finais de febrero e outros co ano máisavanzado. O Nokia 1 será unha das grandes novidades como terminal de entrada, orienado a persoas cunhas necesidades mínimas, pois tan só tería 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, insuficiente para calquera trebello de 2018 por moi básico que sexa.

Por outro lado, tanto o Nokia 7 como o Nokia 7 Plus serían versións que sustituirían aos actuais  Nokia 3 e Nokia 7, haberá que ver con que especificacións.

Estaremos atentas para contarvos todo sobre estes dispositivos unha vez sexan oficiais.

Sobre o autor

Reply