Oppo pretende introducirse no Estado español a mediados de ano

Os fabricantes chineses comezan a facerse oco no mercado español: se a finais de 2017 foi Xiaomi quen iniciou o proceso abrindo os seus primeiros espazos físicos e chegando a acordos con empresas de distribución para vender os seus teléfonos, a mediados de ano será un dos seus principais rivais, a tamén chinesa Oppo.

Segundo parece, Oppo ten previsto renovar o seu portfolio de dispositivos en maio deste ano, para chegar ao Estado español (e seguramente tamén a Francia e Italia) con todas as novidades a partir do mes de xuño. A estratexía sería a de asociarse coas principais cadeas de distribución, nomeadamente Media Markt e Carrefour, que xa contan cunha ampla penetración no noso país.

A diferenza de Xiaomi, caracterizada polos prezos baixos, Oppo aposta pola gama media e alta, mercado no que lle vai moi ben no seu país de orixe. Aquí non o vai ter fácil, pois terá que medirse con Samsung, fabricante que reina sen (case) rival no noso país nesa gama premium. O tempo diranos se é quen de facerlle sombra, mais todo apunta a que será Huawei quen se poida ver máis afectada.

Sobre o autor

Reply