A carga sen fíos chegará a Xiaomi co próximo Mi 7

A chegada dun dos próximos terminais de Xiaomi, o Xiaomi Mi 7, traerá como principal novidade a presenza da carga sen fíos, unha característica que se ben xa se viña rumoreando nas últimas semanas, vén de ser confirmada pola propia empresa.

Ademais, segundo apuntas as últimas informacións, o trebellor virá equipado cunha pantalla OLED, procesador Qualcomm Snapdragon 845 e lector de pegadas dixitais, que estará situado na parte traseira. A construción en cristal do modelo anterior, o Xiaomi Mi 6, serve de espello para o modelo deste ano, pois seguir na mesma liña facilitará a incorporación desta nova tecnoloxías pola boa condutividade que ten o cristal.

Non cabe dúbida de que este movemento por parte de Xiaomi non se podía retrasar máis, pois calquera marca que pense en competir coas grandes compañías, como Samsung, LG ou Motorola, non pode ficar allea ás novidades que están a ser ben recibidas por parte das usuarias.

Agora só queda agardar ao lanzamento do terminal para coñecer todos os seus detalles, presentación que imaxinamos terá lugar nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply