Android Pay desaparece para dar paso a Google Pay

Google tiña anunciado que levaría novidades ao CES de Las Vegas, aínda que nada facía prever o rebranding dun dos seus servizos. Falamos do seu sistema de pagos móbiles, Android Pay, que a partir de agora pasa a chamarse Google Pay.

En realidade a nova aplicación supón a unificación de todos os sistemas de pagos de Google, distrubuídos até o de agora en Android Pay e Google Wallet, nunha única aplicación, o que en certa medida axudará a simplificar as cousas ás usuarias.

Deste modo, a través de Google Pay poderemos efectuar os nosos pagos co móbil contactless (sempre e cando sexamos clientas dun banco compatíbel), mais tamén a través de aplicacións e tendas online compatíbeis con G Pay.

Sobre o autor

Reply