Fíltranse case todos os datos do Alcatel 3V

Hai uns días o fabricante francés Alcatel amosou un novo dispositivo, o Alcatel 3V, malia que non levou a cabo a súa presentación oficial. Por iso houbo que esperar a que un leaker (neste caso Roland Quandt) fixese públicas as súas especificacións, mentres agardamos a información final do fabricante.

O trebello enmárcase dentro da gama de entrada e das dúas características temos que destacar, sobre todo, a pantalla, un panel de 6 polgadas con resolución FullHD+. No interior leva un procesador Mediatek 6737, de catro núcelos a 1,45 GHz, xunto con 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, iso si, ampliábeis mediante tarxetas microSD.

No apartado fotográfico temos unha cámara traseira dobre, combinación dun sensor de 16 e outro de 2 megapíxeles, e na parte frontal unha cámara de 8 megapíxeles. Tamén leva batería de 3000 mAh e sensor de pegadas dixitais na parte traseira.

En canto a prezos, o leaker confirmou un PVP de 179 euros, un prezo bastante acorde ás prestacións que leva o trebello. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply