Un ano máis Google puxo en marcha un xogo para que as usuarias descubrisen an datas nas que vai celebrar este ano o seu evento de desenvolvedores, o Google I/O 2018, no que se adoitan descubrir moitas novidades arredor dos produtos e, ultimamente, detalles da próxima versión de Android.
Pouco tempo despois de ter lanzado o xogo na súa web, unha serie de usuarias conseguiron descifrar o enigma: o I/O 2018 vaise celebrar entre o 8 e o 10 de maio, no Shoreline Amphitheatre de Mountain View, tal e como confirmou máis tarde o propio Sundar Pichai a través da súa conta de Twitter.
Yes, #io18 is happening May 8-10 at Shoreline Amphitheatre in Mountain View, CA. Note to team: we might have to make the puzzle a bit harder next year:) Hope to see you there! pic.twitter.com/P2C3UlWmYp
— Sundar Pichai (@sundarpichai) January 24, 2018
Entre as novidades que verán a luz no evento deste ano estará Android P, o nome inicial da próxima versión de Android, que podería chamarse Pinneapple Cake, seguindo a tradición de darlle o nome dun postre a cada actualización do sistema operativo.
Porén, o que parece que vai ter un protagonismo especial é todo o que ten a ver coa intelixencia artificial en todas as súas variantes, desde o móbil a dispositivos hardware externos, que nos Estados Unidos xa van tendo un peso importante nos fogares.
Agardamos que nas próximas semanas Google vaia deixando pistas sobre o que poderemos agardar deste evento, que cada ano vai gañando máis importancia polo rompedor dos anuncios que aló se producen.