Samsung Pay acada os 100 millóns de euros en transaccións no Estado español

O Estado español foi un dos primeiros lugares do mundo nos que Samsung lanzou o seu servizo de pago co móbil, Samsung Pay, aló polo 2016. Desde aquela, a compañía conseguiu posicionarse como un referente e impulsar o pago móbil, tal e como demostran as cifras: 100 millóns de euros en transaccións desde o seu lanzamento.

Segundo un estudo realizado por IPSOS, o pago co móbil é un servizo cada vez máis popular que xa coñece un 75% das persoas enquisadas, das cales o 56% asegurou empregalo por frecuencia pola súa sinxeleza e a comodidade que proporciona. No caso concreto de Samsung Pay, o estudo sinala que arredor do 70% das persoas que o usan estarían dispostas a repetir cun dispositivo Samsung para poder seguir empregando este servizo de pagos móbiles, o que tamén é relevante, pois demostra que se ten convertido nun elemento máis de fidelización.

Parte deste éxito atopámolo na fiabilidade que ofrece, xa que aplica tres níveis de seguridade: identificación por pegada dixital (ou recoñecemento por iris nos dispositivos que xa contan con este sistema), tokenización e Samsung KNOX, a plataforma de seguridade móbil de Samsung. Por outro lado, a outra clave está en que a práctica totalidade dos establecementos contan con sistemas de pago compatíbeis con NFC, aínda que non todos o teñen activado.

A día de hoxe Samsung Pay está dispoñíbel para as usuarias de Abanca, CaixaBank, ImaginBank, Banco Sabadell, Banco Santander, Openbank, WiZink e a tarxeta de El Corte Inglés, sen que de momento haxa previsión de novas incorporacións nos próximos anos.

Sobre o autor

Reply