Vodafone actualiza as súas tarifas de contrato engadindo barra libre de datos en redes sociais

O 2018 comezou con subas nas tarifas dos grandes operadores. Tras Movistar e Orange agora é a quenda de Vodafone, que onte anunciou como queda o seu portfolio de tarifas a partir do mes de abril. A gran novidade é que todas as tarifas disporán de Social Pass (barra libre de datos para as principais redes sociais), ademais de outras vantaxes que comentaremos a continuación. Iso si, as subas oscilarán entre os 2 e os 5 euros ao mes.

Non hai moito anunciamos como Vodafone deixaba a un lado a neutralidade da rede ofrecendo os Vodafone Pass, bonos que permiten empregar de maneira ilimitada (e sen consumir datos da tarifa) as aplicacións de mensaxería (Chat Pass), as redes sociais (Social Pass), as apps de música (Music Pass), de mapas (Maps Pass) ou de vídeo (Vídeo Pass) a cambio dunha tarifa mensual. Desde o comezo Chat Pass estivo incluído en moitas das tarifas sen custe adicional, mais agora a novidade e que tamén se agrega o Social Pass dentro da cota mensual.

Por outra banda, Vodafone tamén engade a multiSIM nas tarifas M e L e unha segunda liña móbil con 500 MB e chamadas a 0 cént/min (establecemento de 30 cént/chamada) sen custe adicional en todas as tarifas converxentes.

Con estes cambios, as tarifas converxentes (fixo + móbil) de Vodafone a partir do 1 de abril quedarán como se amosa nas seguintes táboas:

Por outro lado, as opcións converxentes con dúas liñas móbiles (One Familia), quedan do seguinte xeito:


No resto de tarifas móbiles tamén hai cambios. Os principais son os seguintes:

  • Mini Voz / Mini 2. Pasa de ter 100 MB e chamadas a 0 cént/min cun establecemento de 25 cént/chamada a 1 GB de datos e o establecemento a 30 cént/chamada por 2 € a maiores.
  • Mini M: sube 1 €, engade 500 MB (chegando aos 2,5 GB + Chat Pass) e sube o establecemento dos 25 aos 30 cént/min.
  • Smart S: sube 2 euros e engade Social Pass.
  • Red M e Red L: suben 2 euros e engaden Social Pass e MultiSIM

Que vos parecen os cambios?

Sobre o autor

No Responses

Reply