Desde que Samsung lanzou os Galaxy S8 / S8+ popularizáronse as pantallas “infinitas”, dispositivos nos que os marcos son algo cada vez máis residual para apostar por ter un “todo pantalla” que nos permita disfrutar de máis contidos nun tamaño reducido.
É o caso dos novos Elepehone U e U Pro, os novos modelos do fabricante chinés Elephone, que vende de maneira oficial no noso país desde hai ano e pico, e que destaca polos seus dispositivos con clara inspiración en modelos “top” de outras marcas (especialmente Samsung) a un prezo máis que razoábel.
Con estes últimos modelos volve pasar o mesmo, desta vez apostando pola inclusión da pantalla infinita curvada e por unha folla de características que, cando menos sobre o papel, semellan moi interesantes. Ambos trebellos son practicamente idéntico, se ben existen certas diferenzas que cómpre sinalar.
O Elephone U conta cunha pantalla AMOLED Full HD (2160 x 1080 píxeles) con formato 18:9, e no interior leva un procesador MediaTek MT6763, xunto coa combinación 4 GB de RAM + 64 GB de memoria interna ou 6 GB de RAM e 128 GB de interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD.
A cámara traseira está formado por dous sensores de 13 megapíxeles, un deles monocromo, e a frontal é de 8 megapíxeles. A batería sitúase nos 3620 mAh de capacidade con carga rápida, leva lector de pegadas dixitais, NFC e USB Tipo C.
Sen diferir moito no estético, o Elephone U Pro cambia algunhas das prestacións para facer den un modelo máis apetecíbel. Neste caso o procesador pasa a ser un Qualcomm Snapdragon 660 e a batería de 3550 mAh con carga rápida e carga sen fíos. Ademais pode gravar vídeos en 4K, aumentando as posibilidades para as usuarias que dan importancia e este aspecto nos seus dispositivos.
A presentación oficial de ambos modelos no noso país terá lugar mañá, 8 de febreiro, data na que poderemos poñer prezo a ambos trebellos, mais tamén o día concreto a partir do cal estarán á venda a través da páxina oficial do fabricante.