Instagram comeza a notificar cando facemos captura de pantalla dunha historia

Hai unhas semanas fíxose público que Instagram estaba a preparar unha nova funcionalidade que ten como principal obxectivo protexer, dalgún xeito, a privacidade das usuarias da aplicación: trátase da notificar ás usuarias cando alguén fai unha captura de pantalla dunha “Story” que compartiron.

Esta característica, que está sendo activada paulativamente a todas as usuarias, permitiranos saber se alguén decide capturar un contido que teñamos publicado nunha historia, de tal xeito que, aínda que non evitará a súa posíbel redifusión por outras vías, faranos conscientes do feito e da persoa que o fixo.

As Stories foron, sen lugar a dúbidas, unha das funcionalidades mellor acollidas polas usuarias de Instagram, e permiten compartir fotos e vídeos que desaparecen – de maneira predeterminada – 24 horas despois de terse subido. Ademais, a aplicación permite o uso de mencións e hashtags nestas “historias”, facer vídeos en directo… así como decidir se queremos que se compartan de maneira pública ou a unha serie de usuarias que decidamos.

O crecemento de Instagram Stories é de récord, e a día de hoxe chegou a superar o número de usuarias activas ao día de Snapchat, a aplicación que inventou o tema dos “contidos con caducidade. De feito, cada vez son máis as voces cren que Snapchat xa non é viábel como negocio.

Sobre o autor

Reply